O coronavirus entrou no Estado español a través de Vitoria

Imaxe de arquivo dunha investigación sobre a Covid-19. (Foto: Europa Press)

Sostéñeno os científicos da Universidade de Santiago de Compostela (USC) Antonio Salas Ellacuriaga e Federico Martiñón Torres, que publicaron un artigo en Zoological Researche.

O virus SARS-Cov-2 entrou no Estado español pola cidade de Vitoria, ao redor do 11 de febreiro de 2020, a través da cepa xenética B3a.

É unha das conclusións ás que chegaron os científicos da USC Antonio Salas Ellacuriaga e Federico Martinón Torres nun artigo publicado en Zoological Researche que identifica as cinco cepas xenéticas que explicarían o 90% de todas as incidencias na base de datos de xenomas.

A2a5, a segunda liñaxe máis importante do virus no Estado, puido orixinarse en Italia, o lugar onde xorde o seu devanceiro evolutivo, A2a, á súa vez, o máis importante a nivel mundial.

Esta última chegaría ao Estado a principios de marzo e rapidamente afectou en Madrid. Moitas destas liñaxes puideron ser exportadas a outros lugares do mundo, como Inglaterra (B3a) ou Sudamérica (B3a ou A2a4, entre outras).

As liñaxes principais experimentaron incrementos repentinos no seu tamaño efectivo nun tempo moi curto e en cidades concretas.

A análise evolutiva delata que detrás destas expansións foi necesaria a mediación de supercontaxiadores.

O seu papel, e non variacións vantaxosas no xenoma do virus, tiveron moita máis importancia á hora de entender e explicar a epidemioloxía do novo coronavirus, advirte o estudo.