Coronavirus: 515 casos activos, 10.252 curados e 618 falecementos

(Europa Press)

Só unha afectada polo coronavirus permanece na UCI.

O coronavirus na Galiza continúa o seu devalo, aos poucos, e tendo en conta que a posibilidade dun rebrote está presente nas advertencias de informes e expertas.

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, esta segunda feria, o número de casos activos de coronavirus na Galiza é de 515.

Deles 113 son da área da Coruña, 30 da de Lugo, 43 da de Ourense, 16 da de Pontevedra, 193 da área de Vigo, 107 da de Santiago, e 13 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 1 permanece en UCI, 19 están en unidades de hospitalización e 495 no domicilio. Polo de agora, na Galiza hai un total de 10.252 persoas curadas, rexistrándose 618 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 151.390.

Residencias

No que atinxe ás residencias de anciás, hai 38 casos activos, dos que 20 son de persoas usuarias mentres que 18

 son de traballadoras e traballadores.

Os falecementos son 274: 132 en residencias e 142 en hospitais e residencias integradas.