Coronavirus: 223 novas persoas curadas nun día na Galiza

Persoal sanitario. (Jesús Hellín / Europa Press)

Os casos activos son 3.357 e as vítimas mortais sitúanse en 558.

Na Galiza hai 3.357 casos activos de coronavirus e 5.816 persoas curadas. A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, presentada esta sexta feira, o número de casos activos son 3.357,.

Deles 800 son da área da Coruña, 238 da de Lugo, 673 da de Ourense, 208 da de Pontevedra, 791 da área de Vigo, 489 da de Santiago, e 158 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 45 permanecen en UCI (2 menos que na xornada anterior), 278 están en unidades de hospitalización e 3.034 no domicilio. Polo de agora, na Galiza hai un total de 5.816 persoas curadas, rexistrándose 558 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 98.830

En relación ás residencias hai 980 persoas contaxiadas, case 100 máis ca onte, das que 679 son usuarias e 301 traballadores e traballadoras. O número de falecementos por COVID-19 nas residencias é 251, o que é 2 máis que na quinta feira.