Convocan a un ‘muro popular’ para arroupar a María Osorio, en busca e captura

Maria Osorio

En busca e captura desde o 12 de maio, a independentista participará este sábado nun acto público para explicar os motivos polos que non se apresentou para ser detida.

María Osorio encóntrase desde febreiro de 2013 en liberdade. Após a sentenza firme que a condena a 7 anos e 9 meses de prisión, esta militante independentista leva desde o pasado 12 de maio en busca e captura, segundo informa o colectivo Ceivar. “En lugar de seguir o procedemento habitual e exixir á moza que escollera unha data e ingreso na prisión, os xuíces decretaron diretamente a busca e captura”.

Esta veciña de Becerreá será encarcerada no momento en que sexa localizada polas Forzas de Seguridade. Ante este escenario, que lle imposibilita realizar unha vida normal, María Osorio estará o vindeiro sábado, 7 de xuño, na Gentalha do pichel (Compostela) ás 12:00 horas. Un acto para dar conta dos motivos que lle levaron a non se presentar para sr detida, así como para explicar e informar da súa situación.

Solidariedade

Mais nese acto María Osorio non vai estar soa. Desde Ceivar e redes solidarias convócase a arropala nese día na súa comparecencia, erguendo un ‘muro popular’ que apoie á independentista.

“A campanha de solidariedade que se leva meses desenvolvendo sob a legenda “Eu também som Maria Osório” provocou umha grande vaga de apoio à militante retaliada. Milheiros de fotos de todas as sensibilidades políticas e sociais chegárom ao blogue eutambémsommariaosorio.wordpress.com como umha mostra de oposiçom ao ingresso em prisom de Maria”. Agora queren que esa ampla solidariedade se escenfique o sábado a carón de María Osorio.