Convocan o estudantado a unha folga indefinida na universidade galega

Claustro de Fonseca, en Compostela (Universidade de Santiago de Compostela).

Anega reclama a liquidación do curso e a superación automática das materias deste cuatrimestre sen contar para a media.

A organización estudantil Anega convova unha folga indefinida nas tres universidades galegas. Un paso que dá, explica nun comuincado, após testar nunha campaña a repercusión das demandas para que se dea por finalizado o curso.

O estudantado universitario está convocado a este paro de duración indefinido desde esta quinta feira, 16 de abril. A folga reclama a liquidación do curso académico coa superación automática das materias, “na liña do que pediron outras asociacións coma ampas galegas no ensino medio”, así coma varios partidos políticos “coma Anova, Podemos ou o BNG”.

O estudantado deixará de asistir ás clases virtuais e de entregar traballos, sendo a primeira folga destas características na historia do Estado.

O estudantado deixará de asistir ás clases virtuais e de entregar traballos, sendo a primeira folga destas características na historia do Estado.

"Perdemos toda a confianza nas nosas universidades"

Dende Anega indican que os estudantes “xa perdemos toda a confianza nas nosas universidades”, logo, afirman, das declaracións en entrevistas en Nós Diario dos reitores da USC ou da UDC anunciando medidas de forma “totalmente extraorgánica ás canles de comunicación co estudantado”.

As medidas anunciadas polas universidades van dende a realización de exames telemáticos, que requiren dunha infraestrutura que dende o sindicato califican de “inexistente”, até a realización de exames presenciais, “moi perigosos” no contexto de pandemia que estamos vivindo, e foron rexeitadas por un gran número de estudantes nas redes sociais.

Anega denuncia tamén as “consecuencias económicas e psicolóxicas que esta tendo sobre o estudantado a crise do COVID-19, que, conxuntamente coas graves limitacións técnicas da avaliación, imposibilitan continuar o curso”.

Comunicación

Asemblea Aberta de Comunicación vén de convocar unha folga indefinida desde esta cuarta feira, 15 de abril, pola "actitude inaceptable" das responsábeis da Facultade de Ciencias de Comunicación.