Convocado XVI premio Johán Carballeira de xornalismo en galego

Johán Carballeira

O certame está aberto a traballos de temática libre pertencentes a calquera xénero xornalístico, publicados con sinatura ou pseudónimo entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2018.

O Concello de Bueu concoca unha nova edición, a XVI, do premio de xornalismo Johán Carballeira.  O certame está aberto a traballos de temática libre pertencentes a calquera xénero xornalístico, publicados con firma ou pseudónimo entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2018. Poderán concorrer a el todas as persoas físicas maiores de idade que presenten os seus traballos, os cales deberán ter sido publicados en medios impresos ou dixitais, escritos en lingua galega. Aceptarase un só traballo por autor. Non poderán presentarse as persoas gañadoras das dúas últimas edicións do premio.

 

O premio terá unha dotación única de 1.500  euros. O Xurado estará composto por tres persoas vinculadas ao xornalismo galego, unha delas nomeada pola asociación colaboradora “Amigos de Johán Carballeira”, máis un secretario que será un funcionario do Concello con voz pero sen voto.

 

Terase en conta a orixinalidade no tratamento do tema, o emprego dunha linguaxe e estilo ricos, o rigor e a calidade técnica do traballo.

 

Johán Carballeira foi un xornalista, poeta e político galego. Galeguista e republicano, após a vitoria da Fronte Popular nas eleccións de 1936  foi nomeado alcalde de Bueu. Co levamento franquista é detido e pasa varios meses preso na illa de San Simón. O 17 de abril de 1937 foi fusliado na Caeira (Poio). 

 

Desde o ano 1996 o concello de Bueu instaurou o Premio de Poesía Johán Carballeira para recuperar do esquecemento a súa figura como político e escritor e desde o ano 2003 o Premio de Xornalismo Johán Carballeira para traballos de temática libre pertencentes a calquera xénero periodístico.