Convidan a sumar mans o 24 de xullo pola liberdade dos presos independentistas

que voltem presos GZ Contrainfo

Ceivar convoca nas vésperas do Día da Patria  a tradicional ‘cadea humana pola liberdade’, iniciativa que este ano fai unha década.

Ceivar convoca para o 24 de xullo unha nova edición, e van dez, da 'Cadea humana pola liberdade', o acto solidario que, con punto de partida na Praza de Galiza de Compostela, percorre diferentes espazos da capital galega para reivindicar a liberación dos presos independentistas.

 

Unha iniciativa na que as persoas participantes, por volta dunhas 300 nas últimas edicións, unen as súas mans para marchar pola zona vella reclamando, como ten indicado a entidade organizadora, “a repatriaçom das independentistas presas, a suspensom das estratégias de extermínio carcerário”.

 

A cita é ás 18:30 horas. Tamén está prevista unha cea solidaria ás 21:30 horas no Centro Social compostelán A Gentalha do Pichel. Cómpre lembrar que a finais do pasado de xuño tres militantes de Ceivar foron detidos nun operativo da Garda Civil odenado pola Audiencia Nacional, acusados de enaltecemento do terrorismo.