Continúan a aumentar os ingresos nas UCI: 30% máis nunha semana

Traballador sanitario nunha unidade UCI, nunha foto de arquivo, no pasado pico da pandemia (Imaxe: Eduardo Parra / Europa Press)

Os casos activos minguan no seu ritmo de aumento, 326 na última xornada.

(En ampliación)

Todos os ollos están postos nas UCI, sometidas desde hai semanas a un aumento constante de ingresos por coronavirus a un ritmo que se acelerou desde a volta das festas de Nadal. Hai agora 193 persoas ingresadas en coidados intensivos na Galiza, o que supón 15 máis que na xornada anterior.

 A situación obrigou en determinadas áreas sanitarias a reprogramar intervención e operacións, centrados na prioridade de combater a Covid.

O que si minguou foron os ingresados en planta, que agora son 1.086 cando na xornada anterior eran 1.093. O número continúa a ser importante: 1.279 ingresados en total nos hospitais galegos polo coronavirus, mais o aumento respecto da cuarta feira (+8) é menor que o destes días.

Tamén houbo certa ‘desaceleración’ no incremento de casos activos, que son 21.613, o que representa 326 máis que hai 24 horas. Aumentan os casos, si, mais este ritmo é máis baixo que o destas xornadas, no que eses incrementos estaban por riba dos 800, 900 casos diarios.

Respecto dos novos contaxios detectados na última xornada, foron 1.468, dos que 1.121 foron a través de PCR. Aquí o ritmo de novos casos mantense alto, se ben menos que na xornada da cuarta gfeira, cando se rexistraron 1.586  positivos.

Os falecidos por esta pandemia na Galiza son 1.688 após as 29 mortes da última xornada. A incidencia acumulada a 14 días é de 746 casos por cada 100.000 habitantes. Lembremos que Bruxelas aposta en ‘illar’ aquelas zonas que superen os 500 casos por cada 100.000 habitantes. En ciudades como Ourense (910 casos) e A Coruña 901), esa incidencia é moi superior á media galega.

Ao tempo, a taxa de positividade Baixa até 11,5% cando o limiar para o control da pandemia de coronavirus está para a OMS en 5%