Continúan a aumentar os casos activos de coronavirus na Galiza

Proba do test do coronavirus na Galiza (Imaxe: Xunta)

A área sanitaria de Lugo-A Mariña-Monforte é a que rexistra máis casos, 77.

A área sanitaria de Lugo-A Mariña-Monforte é a que rexistra máis casos, 77.

O número de casos activos de coronavirus segue a aumentar na Galiza, impulsado polo brote da Mariña, que mantén confinadas por volta de 700 persoas e con máis de sesenta casos.

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus na Galiza é de 318.

Deles 63 son da área da Coruña, 77 da de Lugo (13 máis ca onte), 17 da de Ourense, 5 da de Pontevedra, 122 da área de Vigo, 24 da de Santiago, e 10 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 4 están en unidades de hospitalización e 314 no domicilio. Non hai pacientes positivos en UCI.

Polo de agora, na Galiza hai un total de 10.665 persoas curadas, rexistrándose 619 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 191.945.

En canto a residencias, mantense un único caso activo, que afecta un traballador. Faleceron 274 residentes durante a pandemia.