Covid-19

Continúa en aumento a cifra de casos activos de coronavirus na Galiza

Realización do test da COVID-19 para o estudo epidemiolóxico da Xunta na entrada dun centro de saúde (Europa Press).
Con 21 novos casos, xa suman 217

A tendencia á alza no número de persoas contaxiadas de Covid-19 na Galiza mantense nos últimos datos facilitados pola Xunta. Os casos activos alcanzan os 217.

Deles, 59 son da área da Coruña (7 máis), 85 da de Lugo (5 máis), 6 da de Ourense, 19 da de Pontevedra (4 máis), 35 da área de Vigo (3 máis), 13 da de Santiago (2 máis), e ningún da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 1 está en UCI, 11 en unidades de hospitalización e 205 no domicilio.

Polo de agora, en Galicia hai un total de 11.220 persoas curadas, rexistrándose 619 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 243.152.

Dentro do total de casos rexistrados na Galiza hai un vinculado con centros residenciais, segundo indica Sanidade, que corresponde a un traballador, mentres as residencias seguen sen persoas usuarias infectadas.