Contido da rectificación ordenada por sentenza do XPI 12 AC

Beatriz Mato. (Foto: Europa Press)

Beatriz Mato non fixo ningún favor a Greenalia durante o seu mandato como Conselleira de Medio Ambiente da Xunta de Galicia. Durante a súa etapa á fronte da mencionada Consellería, Beatriz Mato non participou de forma activa ou directa no procedemento de autorización administrativa nin na declaración de impacto ambiental de ningún dos parques eólicos aos que se refire a noticia publicada.

Finalmente, no exercicio das súas funcións como conselleira de Medio Ambiente, Beatriz Mato non favoreceu, de ningún xeito, a tramitación de ningún parque eólico propiedade de Greenalia.