Social

Os contactos estreitos dos casos de Covid-19 en Barbadás dan negativo

A detección de dous casos de Covid-19 no concello de Barbadás obrigou a pór en corentena 29 persoas identificadas polo equipo de  rastrexadores do Sergas por manter contacto directo cos afectados.

Os 29 contactos estreitos dos casos de Covid-19 detectados no concello de Barbadás deron negativo nas probas PCR practicadas por profesionais do Sergas ao longo da sexta feira.

Segundo informan as fontes sanitarias, as 23 persoas identificadas polo persoal de rastrexo do Sergas como contactos estreitos suman outros seis máis, pero todos eles deron negativo. Con todo, deberán gardar corentena durante un período de 14 días.

Ao círculo de contacto pertenden os dous mozos, procedentes de Euskal Herria, que deron positivo na proba. Actualmente atópanse en Barbadás en "illamento domiciliario e con sintomatoloxía leve".