O Tribunal Constitucional avala que queimar a bandeira de España é un delito de “aldraxe á nación”

Tribunal Constitucional

A decisión adoptouse a raíz do caso dun sindicalista galego, acusado por 3 militares de “aldraxe á bandeira” nunha protesta laboral en Ferrol en 2014

O Tribunal Constitucional avala que queimar a bandeira de España é un delito de “aldraxe á nación”. Unha decisión que os maxistrados toman a raíz do caso en torno a un sindicalista da CIG, acusado por 3 militares de “aldraxe á bandeira” nunha protesta laboral en Ferrol en 2014.

A queima da bandeira para a maioría dos maxistrados é considerada un delito, mentres que outro maxistrado pediu a absolución do sindicalista.

En concreto, o maxistrado que pedía a absolución entende que a liberdade de expresión e o dereito á actividade sindical están por riba dos límites que marca o delito de aldraxeá bandeira.

Andrés Ollero, encargado de redactar o relatorio da sentenza, pedía que se estimase o recurso de amparo do recorrente, pero esta opinión dividiu o tribunal. Seis deles votaron en contra da absolución, mentres que cinco deron apoio a Ollero.

Ante estes resultados, pediuse a Ollero que redacte unha nova ponencia de sentenza, acorde co que pedía a maioría, ao que se negou.

Ademais, anunciou que cando o tema volva á mesa do  TC presentará un voto particular explicando se pode pedir "prenderlle lume á puta bandeira" durante o desenvolvemento dunha protesta sindical sen que iso leve aparellada unha condena por aldraxe.

O recurso exposto polo sindicalista galego Pablo Fragoso ten encaixe na xurisprudencia do Tribunal de Dereitos Humanos da Unión Europea e así se fixo explícito durante o debate ao que asistiron os membros do pleno do Tribunal Constitucional.

Se se condenase o sindicalista, segundo Ollero, o Constitucional estaría de novo en risco de ser corrixido por Europa, un argumento que non pareceu importar ao resto de maxistrados, que se mantiveron na súa posición e abriron unha guerra xudicial.