O Constitucional avala o financiamento público a colexios que segreguen por sexo

O ensino segregado por sexos é constitucional. O pleno do Tribunal Constitucional, por maioría de 8 votos fronte a 4, acordou desestimar o recurso de inconstitucionalidade interposto polo PSOE sobre a LOMCE. Un dos puntos principais deste recurso era o do concertó con centros de ensino que segregan por sexo. A LOMCE blindou a posibilidade de que estes centros recibisen fondos públicos. No recurso denunciábase que iso era una discriminación por razón de xénero e que vulneraba o artigo 14 da constitución española. A decisión do TC vén avalar que se financie ese tipo de centros de ensino con fondos públicos.

 

En agosto de 2017, CIG Ensino, sindicato maioritario no sector, denunciaba que a Consellaría seguía a manter os concertos a centros de educación que segregan o alumnado por sexo tal e como aparece no DOG publicado o 21 de agosto de 2017. CIG-Ensino censuraba, aliás, que se fixe a duración dos concertos en seis anos cando isto só é preceptivo para o ensino privado e sinalan que, en facendo isto, a Xunta de Galiza vai máis alá da LOMCE na defensa do ensino concertado.

 

Os colexios que segregan por sexo na Galiza son os centros privados concertados de Aloia, Las Acacias, Montecastelo, Montespiño e Peñarredonda.

 

Uns meses antes, en marzo de 2017 aCIG denunciaba que a Xunta blinda os concertos cos centros privados e compromete 1.550 millóns de euros dos orzamentos da Consellaría de Educación para os vindeiros seis anos. Entre estes centros privados, cinco deles pertencen ao Opus Dei, que continúan segregando alumnado por sexo e contribuíndo á desigualdade de xénero.