A Consellería de Facenda, condenada por impagamento

Sede da Xunta

A Xunta, condenada a pagar ao comité de empresa de Política Social a subvención que lle viña negando desde 2013.

A Consellería de Facenda decidiu en 2013 deixar de ingresar as axudas anuais para funcionamento e desprazamento ao comité de empresa de Política Social (antes, Benestar e Traballo). Son partidas que, afirma o comité, aparecen orzamentadas anualmente mais que desden 2013 non se fan efectivas. Por iso, o organismo representativo dos traballadores decidiu levar a xuízo esta situación, presentando unha demanda por impagamento.

 

O comité vén de recibir a resolución do Xulgado do Social nº 2 de Santiago de Compostela polo que se condena a Dirección Xeral de Presupostos da Consellería de Facenda a abonar a cantidade adebedada.  “Valeriano Martínez  convértese así nun condenado por impagamento ao  incumprir co disposto no Convenio do Persoal Laboral da Xunta”, afirma o comité nun comunicado. 

 

“Neste momento a Consellería de Facenda debe máis de 20.000 euros ao total dos comités de empresa da Xunta de Galicia. No caso do Comité de Política Social da Coruña, a morosidade do conselleiro Valeriano ascende a 2.700 euros”.