“Conquistar dereitos para gañar o futuro”, campaña de Galiza Nova pola greve xeral do 19X

Vídeo no interior

Galiza Nova vén de presentar unha campaña para socializar a data da greve xeral convocada pola CIG  para o 19 de xuño. Conquistar dereitos para gañar o futuro, é o lema da mesma, na que GN fai un chamado “a toda a mocidade galega a secundar a folga xeral para loitar polos dereitos da clase traballadora e da mocidade galega”.

 

A deputada do BNG Olalla Rodil chamou a “lanzar a nosa propia moción de censura”, no só contra as políticas do PP senón tamén contra “esa perda de dereitos laborais e salariais que levamos padecendo durante os últimos anos”.

 

Pola súa parte, o secretario xeral de Galiza Nova, Alberte Fernández, explicou que esta campaña ten como obxectivo socializar a data da greve, para acadar unhas “mobilizacións masivas, como un feito de rebeldía contra o sistema que nos leva a vivir na máis absoluta precariedade mentres o capital segue gañando máis e máis”.