O conformismo actual

[Imaxe Invers]

Na época que estamos a atravesar observamos un mundo con situacións, canto menos, "chamativas". Grandes concentracións de xente e quedadas masivas para capturar Pokémons (o cal non critico) e ningunha para requirir, por exemplo, unha solución para a situación política que atravesa o Estado español; ou mobilizacións para amosar que rexeitamos e condenamos a corrupción, ou a violencia de xénero... Non, optamos polas prazas virtuais para levar a cabo protestas que, con algo de sorte, terán os seus cinco minutos de gloria e aparecerán no Trenddingtopic.

Pero quedan atrás xa os tempos do 15M, de saír á rúa a amosar que estamos aquí, que seguimos aquí, que non nos van a enganar e que a nosa voz non só importa o día das votacións. Xa Habermas ou Rawls debatían sobre a importancia dunha democracia participativa día a día, lei a lei... Eses que vemos sentados nas cadeiras do Congreso, eses aos que chamamos deputados e deputadas; eses, gobernan para nós. Para todos nós, e iso é algo que teñen esquecido... Pero nós tamén.

Grandes concentracións de xente e quedadas masivas para capturar Pokémons (o cal non critico) e ningunha para requirir, por exemplo, unha solución para a situación política 

Todos os días presenciamos exemplos dunha sociedade conformista, na cal vivimos. A LOM

CE segue adiante neste mesmo intre, sen un goberno claro. O que si temos claro é que está a perigar (e agora por decreto e de forma oficial) o futuro do país, dos xoves; dos que despois serán médicas, enxeñeiras, políticas, carpinteiras ou pintoras.

A sociedade conformista tampouco se rebela contra o soldo de máis de 4000 euros ao mes que o exministro Soria, ese que mentiu e estafou a todos, está a cobrar despois de verse obrigado a dimitir.

Observando isto... É realmente necesaria a Lei Mordaza ou somos unha sociedade amordazada de por si?

Parecécevos Rosalía de Castro unha delincuente en canto ao que ela manifestaba nas súas obras? Pois é probábel que se os titireteiros de Madrid pronunciaran agora uns versos coma os de "A Xustiza Pola Man" (I ó lado, contenta, senteime das vítimas...). Claramente hoxe sería acusada de incitar ao odio ou á violencia... E se Rosalía o dixera hoxe diante do Congreso? Lei Mordaza adiante, non vaia ser.

Ou Cabanillas, culpábel tamén de incitar á violencia por ter escrito o que despois se convertería no himno de Acción Galega. Se mañá Ramón Cabanillas puxera vía Twitter ou Facebook, facendo referencia a algunha personalidade "irmáns galegos, que corra a sangue a regos..." ao apartado da Policía Nacional, unidade de delitos informáticos, habíalle faltar tempo para investigar o terríbel delito.

Todo isto non é máis que un exemplo que amosa unha sociedade demasiado manipulada, que todo o cre e que nada protesta nin se move.
Eu só agardo que algo mude e nos faga espertar, que esperte do seu soño o Fogar de Breogán.