Confinados 64 tripulantes no porto de Ferrol por un posíbel caso de coronavirus

Panorámica da ría de Ferrol [Imaxe: Wikimedia]

A tripulación de dous remolcadores permanece confinada no porto de Ferrol pola existencia dun posíbel caso de coronavirus.

Os remolcadores que chegaron a Ferrol o pasado 29 de maio. Están confinados até que se repitan as probas da Covid-19 a un dos tripulantes, que ao parecer xa deu positivo.

Teñen que someterse a esta proba de maneira obrigatoria para poder regresar ao seu país, Nixeria. 

A volta ao parecer estaba programada en principio para o vindeiro 20 de xullo.