Condenado o Sergas pola morte dun home ao que demorou o diagnóstico

O Xulgado do Contencioso Administrativo número 2 de Compostela vén de condenar o Sergas indeminzar a familia dun home de 70 anos que morreu dun tumor despois de que a revisión das probas que llo diagnosticaron tradase case un ano.
 

Segundo a sentenza, a Consellaría de Sanidade deberá pagar 100.000 euros -90.000 á viúva e 5.000 a cada un dos fillos. O suceso acontecei no Hospital de Ourense entre 2013 e 2014.

 

De entrada, ao paciente diagnosticáronlle unha lumbalxia. A non remitirlle a dor, novas probas acabaron por detectarlle un tumor. A confirmación, cunha segunda proba, tardou case un ano, Foi en novembro de 2014 e o doente só puido recibir tratamento paliativo. Morreu mes e medio despois.

 

Ao non constar unha causa que acredite o atraso de case un ano á hora de revisar, o xulgado compostelán afirmou que “a demora minguou as opcións de tratamento do paciento e as súas posibilidades de recuperación” e asegura que houbo “mala praxe”.