Condenado a 32 anos de cárcere o cura dos Salesianos de Vigo que abusou sexualmente de seis menores

Colexio Salesianos
O tribunal considera acreditado que cometeu sete delitos de abuso sexual, tres deles continuados.

(En ampliación)

A sección cuarta da Audiencia Provincial de Pontevedra condenou a penas que suman 32 anos e medio de prisión e a 36 anos de liberdade vixiada o sacerdote Segundo  C.V., por abusar  sexualmente de seis menores, alumnos do Colexio Salesianos de Vigo, onde o procesado daba aulas.

Segundo a sentenza, os feitos ocorreron durante un campamento na localidade de Cambados e tamén nunha peregrinación a Santiago de Compostela. Ademais, outro dos menores foi abusado na sede dunha asociación xuvenil vinculada ao Colexio, mentres vía un partido de fútbol.

O tribunal considera acreditado que Segundo  C.V. cometeu sete delitos de abuso sexual, tres deles continuados e, ademais da pena de prisión e a liberdade vixiada, impóndolle o pago de indemnizacións que suman 76.000 euros.

A Audiencia tamén o inhabilitou para exercer profesións nas que teña relación con menores durante 31 anos.