Concentracións esta terza feira, 21 de agosto, en vilas e cidades de Galiza contra o último asasinato machista

Convocadas polo feminismo galego

Ana Belén Varela Ordóñez, de 50 anos de idade, foi asasinada a tiros este domingo en Cabana de Bergantiños diante dos seus fillos. Está detido o seu marido, como presunto responsábel do asasinato. Son tres mulleres asasinadas en Galiza no que vai de ano a mans dos seus compañeiros.

 

O feminismo convocou para esta terza feira, 21 de marzo, concentracións en diferentes cidades e vilas de Galiza. “O machismo mata!” e “Basta de feminicidios” son dúas das palabras de orde das convocatorias que están a realizar diferentes colectivos e plataformas de mulleres.

 

Lugar e hora:

A Coruña, 20 horas, Obelisco

Compostela, 20 horas, Praza 8 de Marzo

Lugo, 20 horas, diante do Concello

Vigo, 20 horas, no Marco

Ourense, 20:30 horas, na Castañeira

Ferrol, 20 horas, diante do Concello

Betanzos, 20 horas, diante do Concello

As Pontes, 20:30 horas, na Praza do Hospital

Ponteareas, 20:30 horas, diante dos Xulgados

Val Miñor, 20 horas, rotonda da Ramallosa

Carballo, 20 horas, na Praza do Concello

A Guarda, 20:30 horas, na Praza do Reló

Redondela, 21:30, na Praza da Torre

Melide, 20 horas, na Praza do Convento.

Burela, 21 horas na Praza da Mariña 

Miño, 21 horas, Praza do Parchís

Ponteceso, 12:00 horas, Praza do Recheo

Monforte, 20:30 horas, Praza de España

Viveiro, 20:30 horas, Praza da Fontemova

Rianxo, 20:00 horas, Praza de Castelao

Vilagarcía, 20:00 horas, Praza de Galiza

O Carballiño, 20 horas, Praza do Concello

Ribadavia, 20 horas, Praza Maior

Chantada, 20:00 horas, Praza de Galiza

 

(Está aberta a novas convocatorias)