Vilas e cidades galegas reclamarán soberanía fronte á sucesión monárquica

GZ Videos

Na véspera do debate parlamentar sobre a lei de sucesión, as prazas de vilas e cidades do país están chamadas a se encher "pola soberanía" e a "República de Galiza".

 

A convocatoria toma parte do calendario de mobilizacións proposto polo BNG e conta co apoio doutras organizacións independentistas e soberanistas como Nós-UP, Causa Galiza ou o Partido Comunista do Pobo Galego (PCPG).

Ao igual que a pasada semana, as concentracións foron convocadas para as 20.00 horas baixo o lema 'Contra a monarquía española. Pola soberanía e a República Galega'.

  • Vigo. 20.00 horas. No MARCO
  • Lugo. 20.00 horas. Diante da Subdelegación do Goberno
  • Ferrol. 20.00 horas. Praza do Himno Galego
  • A Coruña. 20.00 horas. Obelisco
  • Pontevedra. 20.00 horas. Praza da Peregrina
  • Ourense. 20.00 horas. Diante da Subdelegación do Goberno
  • Compostela. 20.30 horas. Praza do Toural
  • Vilagarcía. 20.30 horas. Praza de Galiza
  • Ponteareas. 20.00 horas. Diante da Casa do Concello.