Concentracións na Galiza contra o golpe en Bolivia

Bolivia. Imaxe de arquivo dun acto do MAS

“Fóra as vosas suxas mans de Bolivia” é o lema das mobilizacións, convocadas por Mar de Lumes en varias cidades galegas

Catro cidades galegas acollerán esta quinta e a sexta feira concentracións de rexeitamento do golpe de Estado en Bolivia. “Fóra as vosas suxas mans de Bolivia, non ao golpe de estado imperialista!” é a palabra de orde das concentracións, convocadas por Mar de Lumes.

Mar de Lumes chama “a sair á rúa para denunciar o golpe de estado contra o lexítimo goberno de Evo en Bolivia, patrocinado e apoiado polo imperialismo ianqui, e o ataque que supón para os dereitos dos pobos indíxenas e os sectores populares”.

Lugar e hora:

A Coruña, quinta feira. 20:30 horas. Obelisco

Compostela, quinta feira. 20:00 horas. Praza Roxa

Vigo, sexta feira. 20:00 horas, Marco

Ourense, sexta feira. 20:00 horas, subdelegación do Goberno