Concentracións feministas 8M na Galiza: Lugares e horarios das marchas

Concentracións feministas 8M na Galiza: Lugares e horarios das marchas. Foto de archivo
Manifestacións e ruadas feministas o 8M: Consulta os lugares e horarios das concentracións do Día Internacional da Muller nas principais cidades da Galiza

As marchas feministas correspondentes ao 8 de Marzo de 2020 terán lugar en diversos puntos da Galiza, conformando un extenso mapa de manifestacións e ruadas nas que o feminismo volverá a reivindicarse.

Se queres atopar todas as concentracións e manifestacións que se levarán a cabo na Galiza este domingo, neste mapa interactivo creado pola plataforma Galegas 8M, poderás ver todas as manifestacións e ruadas planificadas.

Un 8M diferente a anos anteriores

É importante destacar que este ano a intención muda, xa que non está convocada polas asociacións unha folga como tal, senón que chaman a todas as mulleres a afrontar a xornada coma "mobilización e loita".

Nesta ocasión, o colectivo Galegas 8M quere poñer o acento nas seguintes reivindicacións:

  • Recoñecemento do valor do traballo doméstico
  • Coidado da terra e o problema do consumo para o cambio climático
  • Reclamar a repartición xusta dos coidados familiares, que estes formen parte do mercado laboral
  • Dereito a unha redución da xornada que facilite a conciliación e non obrigue ás mulleres para aceptar contratos temporais e precarios
  • Recoñecemento do descanso semanal

Reivindicacións para trocar o sistema patriarcal

O colectivo Galegas 8M o integran decenas de asociacións feministas de toda Galiza, que ano tras ano loitan por reivindicar a igualdade de sexos e por tentar trocar o sistema patriarcal no que está sumido o mundo enteiro.

Día Internacional da Muller 8M 2020: Hora e lugar das manifestacións das principais cidades galegas

Este domingo terá lugar o Día Internacional da Muller, e na Galiza haberá decenas de concentracións, manifestacións e ruadas cheas de reivindicacións nas que calqueira pode unirse e apoiar a causa.

Bota unha ollada á hora e lugar das convocatorias nas principais cidades galegas.

8M A Coruña

O percorrido oficial arrincará no Obelisco ás 12.00 horas e finalizará na Fábrica de Tabacos, un lugar emblemático para o movemento feminista por ser o escenario da primeira folga de mulleres da Galiza. Atravesarán os Cantóns, Sánchez Bregua, Linares Rivas e a avenida de Primo de Rivera.

Manifestación

  • Saída: Obelisco
  • Chegada: Praza das Cigarreiras
  • Hora: 12:00

8M Santiago de Compostela

Manifestación

  • Saída: Praza 8 de Marzo
  • Chegada: Alameda
  • Hora: 20:30 

Ruadas Feministas

  • Hora: 12:00
  • Saída:
    • Rotonda do Castiñeiriño
    • Rotonda de Conxo
    • Rotonda das Cancelas
    • Rotonda de Salgueiriños

8M Pontevedra

En Pontevedra a marcha feminista do 8M terá lugar o domingo pola tarde e partirá da Praza do Hospital ás 17.30 horas. A ela está convocada toda a cidadanía sen excepción.

  • Hora: 17:30
  • Saída: Hospital Provincial
  • Chegada: Praza da Ferrería

Ademáis, en Vilaboa está convocada unha marcha a pé con saída no Local social Figueirido as 15:00 horas, coa intención de poder unirse a manifestación de Pontevedra as 17:30 no Hospital Provincial.

8M Vigo

O colectivo Galegas 8M anima a participar na manifestación que partirá da rúa Urzáiz o próximo domingo na cidade olívica.

Manifestación

  • Hora: 18:00
  • Saída: Cruce da Vía Norte con Urzáiz.

8M Ourense

Manifestación

  • Hora: 20:00
  • Saída: Subdelegación do Goberno

Concentración

  • Hora: 12:00
  • Lugar: Praza Maior

8M Lugo

Manifestación

  • Hora: 12:00
  • Saída: Multiusos da Xunta