Concentracións esta cuarta feira contra o asasinato machista no Porriño

O feminismo galego convoca para esta cuarta feira, 20 de xuño, concentracións en perto duna vintena de cidades e localidades galegas para denunciar a rexeitar o asasinato machista desta segunda feira no Porriño:María Magdalena Moreira Alonso, de 47 anos de idade, foi asasinada de tres tiros polo seu compañeiro, que a continuación se suicidou.

 

Luga e hora (en actualización nesta web)

➡O Porriño, 20.30h Praza do Concello
➡Ourense, 20h na Castañeira
➡Lugo, 20h diante do Concello
➡Coruña, 20h no Obelisco
➡Vigo, 20h no MARCO
➡Compostela, 20h Praza 8 Marzo
➡A Estrada, 20h diante do Concello
➡Ferrol, 20h diante do Concello
➡Pontevedra, 20h diante da audiencia provincial
➡Redondela, 20.30h praza da Constitución
➡As Pontes, 20h Praza do Hospital
➡Foz, 20h diante do Concello
➡Ribeira, 21h Praza do Concello
➡Viveiro, 20h Praza da Fontenova
➡Monforte, 20.30h Praza de España
➡Cangas, 12.30h Praza do Concello
➡Viana do Bolo, 20h Praza Maior