Concentracións en Compostela, Vigo e A Coruña pedirán o domingo a liberdade de Andrés Bódalo

A. Bódalo

Convocadas pola CUT, decorrerán este domingo na Prazado Toural (12:30 horas), Marco (12:00) e Obelisco (12:00).

A CUT convoca para este domingo, día 10 de abril, tres concentracións noutras tantas cidades galegas para pedir a liberdade de Andrés Bódalo, o sindicalista andaluz preso desde hai uns días, condenado por agredir un concelleiro. Para a Central Unitaria de Traballadores, Bódalo enfróntase a unha represión “ pola súa permanente actividade sindical a prol das traballadoras e traballadores”.

 “A caverna quere ver na quebra de liberdade deste compañeiros o funcionamento rigoroso do poder xudicial, mais todo ao contrario esta condena demostra a falta de independencia dos diferentes poderes e a utilización da institución xudicial ao servizo da corrección daquelas condutas ao seu ver reprochables, que son a defensa permanente dos intereses das obreiras e obreiros, cun compromiso activo e permanente”, afirma o sindicato galego.