Concentracións cidadás clamarán por un proceso constituínte após a abdicación do Borbón

En réxime de auto-convocatoria nove concentracións exixirán nas vilas e cidades galegas a abertura dun proceso constituínte após a renuncia ao trono de Juan Carlos de Borbón.

 

Nas redes sociais espallouse a convocatoria de concentracións en todas as cidades do Estado español para reclamar a abertura dun proceso constituínte. Serán ás 20.00 horas. 

Lugares das concentracións convocadas en Galiza por organizacións soberanistas galegas. BNG e NóS-UP chaman a secundar as mobilizacións "pola República galega".

  •     A Coruña. Praza de Ourense, perante a Delegación do Goberno español.
  •     Lugo. Praza Maior, perante a Casa do Concello.
  •     Pontevedra. Praza da Peregrina.
  •     Ferrol. Praza do Himno Galego.
  •     Ourense. Praza Maior.
  •     Santiago. Praza do Toural.
  •     Vigo. Rúa do Príncipe, diante do Marco.
  •     Foz. Parque Conde Fontao.
  •     Vilagarcía de Arousa. Praza de Galiza.

Aliás, diversos movementos sociais convocan na Coruña, no Obelisco, ás 20:00 horas desta segunda feira. Tamén hai chamamento a se concentrar en Ourense diante da Subdelegación de Goberno, en Ferrol na Praza de Armas, en Lugo diante da Subdelegación do Goberno.