Concentración silenciosa fronte á Xunta na defensa do ensino público

Concentración en defensa do ensino público en San Caetano (Arxina)

A Plataforma #OPOñomeaestaOPO convocou unha concentración silenciosa para esta sexta feira, día 3, fronte á sede central da Xunta, en San Caetano (Compostela), na defensa do ensino público.

Un acto co que demandaban á Xunta “que se garantan uns dereitos mínimos ao alumnado, familias e docentes”.

Entre as demandas que defenden sitúan o aumento de profesorado, a rectificación no referido á eliminación de liñas educativas no ensino ou instar ao Goberno a tomar “medidas específicas e claras de cara o vindeiro curso para propiciar unha óptima preparación docente”.