Concentración en Lalín para desconfinar a atención primaria

Pancarta da concentración. (Foto: BNG)
A mobilización de hoxe quixo "demostrar o descontento da poboación ante o desmantelamento da atención primaria".

Esta mañá tivo lugar en Lalín unha concentración pola atención médica presencial no ambulatorio. O BNG, entidade convocante, chamaba á mobilización “demostrar o descontento da poboación ante o desmantelamento da atención primaria".

Segundo a corporación nacionalista, a pandemia está a pór de manifesto a necesidad dun sistema sanitario público, forte e cunha atención primaria reforzada.

Fronte a este escenario, porén, denuncian que a Xunta optou por reducir “drásticamente” a asistencia presencial, restrinxir consultas, probas diagnósticas e intervencións cirúrxicas.

Apostar nunha atencia telefónica, indican, ocasiona aliás moitas dificultades ás profesionales para o desenvolvemento do seu labor.