Concentración en Ferrol contra o trazado sur do tren ao porto exterior 

Ducias de persoas concentráronse na Praza de Armas para denunciar o impacto social e ambiental dun proxecto que afectaría á enseada da Malata e á propia Ría

 

Ducias de persoas concentráronse na Praza de Armas de Ferrol, en resposta á convocatoria realizada desde a plataforma, integrada por unha trintena de colectivos e asociacións, que se opón ao proxecto de levar o tren ao porto exterior polo trazado sur. 

Xandro García, un dos voceiros do colectivo, destacou o alto valor ecolóxico e produtivo que ten aínda a ría, malia a falta de funcionamento da depuradora e aos lodos acumulados nela. A construción do trazado sur, co viaduto que teñen previsto, supoñería matar a Enseada da Malata, que vén a ser unha "ría dentro da propia ría". 

Foto: Susete de Ferrol