Concentración en Compostela en contra da "crueldade animal" nos laboratorios

Ducias de persoas participaron este domingo nunha concentración en Santiago de Compostela para reclamar a liberación dos animais maltratados no laboratorio  Vivotecnia, en Madrid, e demandar a fin da "crueldade" nos laboratorios.

Esta protesta, na Praza do Obradoiro, contou co apoio de diversos colectivos, entre eles o partido  Pacma e a asociación  animalista Libera.

A concentración, que se viviu tamén este domingo en distintos puntos do Estado, xurdiu como reacción aos vídeos difundidos pola ONG  Crueltry  Free  International sobre o centro de experimentación  Vivotecnia, que xa foi suspendido pola Comunidade de Madrid.

Os asistentes á protesta na compostelá Praza do Obradoiro, algúns deles acompañados das súas mascotas, vestiron de negro e cunha bata de quirófano, á vez que portaban fotografías dos animais que aparecían no polémico vídeo.

Ademais, exclamaron diversas consignas para pedir o fin destas prácticas: "Non máis escravos nos laboratorios"; "Xa abonda de crueldade animal"; " Vivotecnia, tortura e asasina".