O Concello de Santiago demanda a filla de Franco para reclamar as esculturas do Mestre Mateo

On informe xurídico cualifica de “auténtica usurpación” o sucedido con estas dúas pezas.

O Concello de Santiago interporá unha demanda pola vía civil contra Carmen Franco y Polo, filla do ditador español, para reclamar as dúas esculturas do Mestre Mateo que están en mans da familia Franco malia a seren propiedade do Concello compostelán. O alcalde, Martiño Noriega, deu conta desta decisión, "que se adopta despois de que a herdeira do ditador non respondera ao requirimento que se lle enviou para solicitar a devolución das pezas".

 

Na argumentación xurídica, o Concello "contrapón que as pezas foron compradas polo Concello de Santiago nunha acción perfectamente legal e documentada, mentres que non existe ningún documento que xustifique que as dúas esculturas acabaran no poder da familia Franco".

 

Na demanda pídeselle ao xulgado que declare que as dúas esculturas pertencen ao Concello de Santiago e que se condene a Carmen Franco a que as devolva á Corporación municipal para sexan obxecto de exposición permanente no Museo da Catedral de Santiago. Unha vez presentada a demanda, a herdeira de Franco terá un prazo de 20 días para presentar as súas alegacións, antes de que se fixe a Audiencia Previa. A asesoría xurídica municipal estima que o caso se resolva, en primeira instancia, nun prazo máximo dun ano.

 

Abrahan/Xeremías e Isaac/Ezequiel son dúas pezas feitas no séculos XII e XIII polo Mestre Mateo. Dúas pezas talladas entre 1188 e 1211 por Mateo para que figurasen no Pórtico da Gloria da Catedral de Santiago de Compostela. Abrahan/Xeremías e Isaac/Ezequiel