O Concello de Pontevedra viste de 'orgullo'

[Imaxe Ernesto Vázquez-Rei]

A antiga casa consistorial loce desde esta quinta feira as cores da bandeira en defensa das liberdades sexuais.

 

Perante a proximidade do Día do Orgullo LGTBi (Lesbianas, Gais, Trans, Bisexuais e Intersex) (28 de xuño) o Concello de Pontevedra sumouse á loita polas liberdades sexuais de maneira simbólica e adiantándose á propia data. 

A partir desta quinta feira a vella casa consistorial loce as cores do arco da vella, as mesmas que simbolizan a bandeira en defensa das liberdades sexuais. Desta maneira, o goberno municipal quixo achegar o seu gran de area á visibilización dos colectivos que traballan a prol da igualdade e contra calquera tipo de discriminación por razón sexo, orientación sexual ou identidade sexual. 

Aliás, o Concello de Pontevedra colabora na organización do 'Boavila Pride' conxuntamente coa asociación PonteVisible que decorre desde esta quinta feira na cidade do Lérez.