Detectan tres novos gromos na área sanitaria de Ourense e xa suman oito focos activos

Imaxe do pleno de Ourense. (Foto: Europa Press)
O Concello de Ourense exixe a Renfe que repoña os trens retirados pola pandemia. Así o votaron no pleno os diferentes grupos ante mocións presentadas polos grupos municipais do BNG e o PP.

Mentres as novas restricións son asumidas pola poboación do concello de Ourense e doutros municipios do entorno, as autoridades sanitarias veñen de informar de que detectaron tres novos surtos na área sanitaria. Así habería oito focos activos.

Un dos novos gromos localizouse en Verín e ten unha orixe social. En concreto, afecta a tres varóns de 18, 42 e 64 anos.

Así mesmo, en Xinzo de Limia tívose noticia dun surto familiar con catro positivos por coronavirus. Os doentes son unha muller de 53 anos, unha rapaza de 16, un rapaz de 17 e un neno máis pequeno.

O outro contaxio deuse no Barco de Valdeorras e afecta a catro veciñas. As PCR saíron positivas a un home de 36 anos e tres mulleres de 30, 35 e 67 anos.

Nos gromos que xa estaban contabilizados sumáronse algunhas pacientes.

A pesar desta situación epidemiolóxica, no pleno municipal de Ourense tanto o BNG como o PP presentaron mocións exixindo que Renfe repoña os trens que foron retirados.

Malia que se votaron por separado, ambas propostas foron apoiadas de forma maioritaria. O voceiro do BNG no Concello, Luis Seara, entende que os “recortes” nas frecuencias perxudican sobre todo “ás zonas rurais, que agora están aínda máis incomunicadas”.