O Concello de Cabanas denuncia unha “agresión fascista” contra o 'banco da diversidade LGTBI'

O banco, pintado coas cores do arco da vella, amenceu coas da bandeira española.

“O banco da diversidade sufriu un ataque esta madrugada, que condenamos enerxicamente. O Concello de Cabanas defende e fai valor da diversidade e non tolera as agresións fascistas”. Con esta mensaxe breve denunciaba a través das redes sociais o goberno local o ataque a un dos símbolos no municipio de respecto á diversidade.

O pasado 28 de xullo, e con motivo do Día do Orgullo LGTBI, realizáronse diferentes actuación en Cabanas en defensa desa diversidade: desde murais a pintar un banco coas cores do arco da vella.

Na madrugada desta cuarta feira, 24 de xullo, ese banco aparaceu con só dúas cores: a amarela e vermella da bandeira española. Iago Varela, tenente de Alcalde, manifestou na súa conta de twitter: “Por moito que lles pese a algúns, Cabanas é diversa e chea de cor. Non imos tolerar agresións fascistas como a sufrida no Banco da Diversidade esta madrugada. O banco volverá ser o banco das persoas libres”.