Comunix: Involucrar a mocidade de Galiza, Portugal e Italia na xestión e goberno dos montes en man común

O proxecto desenvólveo en parcería a cooperativa galega Trespés, o Centro de Estudos Sociais da Universidade de Coímbra e a entidade italiana ‘Partezzipanza’.

A principal forma de terra comunitaria na Galiza son os montes veciñais en man común. En Portugal desígnanse por baldios, e na Italia por "Partecipanza". Terras comúns gobernadas de forma democrática a través de réximes de propiedade colectiva con base en dereitos de uso e aproveitamentos tradicionais que sobreviviron até hoxe. As áreas comunitarias adquiriron unha importancia central na procura de respostas á crise económica, ambiental e democrática. Mais un dos desafíos que enfronta esta realidade, é a falla de relevo xeracional.

Para responder a ese desafía nace ‘Comunix’, proxecto impulsado en parcería por entidades de Galiza, Portugal e Italia e que conta coa apoio da Unión Europea a través do programa Erasmus +. A súa finalidade é “capacitar” a mocidade para que participen de maneira activa no goberno e xestión desas áreas.

A concreción desta finalidade farase  a través de dúas escolas comunitarias en Portugal e Galiza. Ao longo de dúas semanas, unha na Galiza e outra en Portugal, as persoas participantes van coñecer os recursos naturais que existen neses lugares, os seus usos e os retos de os gobernar en común. Aprenderán cales son os procesos de participación na tomada de decisións en común. Esta escola comunitaria vai vai decorrer na segunda quincena de Agosto de 2017 en dous lugares: nun monte veciñal na Galiza (Mancomunidade de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra) e nun baldio en Portugal (Baldio dos Lugares da Extinta Freguesía de Vilarinho, Lousã).  Nestas escolas participarán 21 mozos e mozas dos tres países, residentes en comunidades locais que xestionen terras comunitarias.

Desde o pasado 10 de marzo até o 10 de abril está aberto o proceso para que os mozos e mozas interesados en participar podan enviar a súa solicitude. Teñen de residir na Galiza. ter entre 18 e 25 anos, galego-falantes, e vivir nunha parroquia con monte veciñal. Máis información en info@trespes.org ou no teléfono tfne: 986 110045