Compostela berra contra a privatización dos montes veciñais

Manifestación polo rural / E.P.

Centos de persoas manifestáronse contra a Xunta de Feijóo, á que se lle acusa de “impedir a posta en valor” do rural, nunha marcha con presenza de BNG e AGE.

Centos de persoas desafiaron ao mal tempo e tomaron as rúas de Santiago para saír en defensa do rural e criticar a que consideran “privatización” dos montes veciñais. Organizacións como Fruga, Adega ou CIG estiveron presentes na marcha, así como BNG e AGE. 

A chuvia non impediu a afluencia á convocatoria, da que participaron Fruga, Adega ou CIG

Segundo declaracións de Xosé Alfredo Pereira, da Organización Galega de Montes, “a Xunta ten o dobre obxectivo de usurpar a xestión dos montes comunais á veciñanza e impedir que as comunidades de montes sexan as protagonistas da súa posta en valor”. Amplos grupos de afectad@s participaron da marcha, que saíu da estación de Tren de Compostela. 

Vence acusou ao PP de querer "roubar os montes"; Beiras falou de "crime"

Tamén houbo unha ampla delegación, con faixa propia, do BNG, encabezada polo seu voceiro nacional, Xavier Vence, que acusou a Núñez Feijóo que “querer roubar os montes a 3.000 comunidades dos mesmos”. Tamén estivo presente o portavoz de AGE, Xosé Manuel Beiras, que cualificou as intencións da Xunta como “crime contra a identidade deste país”