Compostela acolle este sábado 23 unha manifestación en apoio ás persoas refuxiadas

Ese mesmo día pola tarde decorrerá unha gala solidaria que organiza o colectivo Refuxiadas Compostela.

'Non ás guerras. Rachemos coas fronteiras' é o lema que presidirá a manifestación convocada para este sábado, 23 de abril, en Compostela en apoio ás persoas refuxiadas. A marcha partirá ás 13:00 horas da Praza Roxa, convocada pola Rede galega en apoio ás persoas refuxiadas.

Ese mesmo día, 23 de abril, pola tarde (a partir das 17:00 horas) terá lugar unha gala solidaria para coas refuxiadas, organizada por 'Refuxiadas Compostela'.

Estas iniciativas enmárcanse nas que están a decorrer polo país desde hai semanas en compromiso e solidariedade para coas persoas refuxiadas. Desde recollidas de material e alimentos para os campamentos de refuxiadas até galas para recabar apoio económico, para alén de coloquios, charlas....