Feixoo anuncia reaperturas graduais no comercio, formación, deporte e cultura

Alberto Núñez Feixoo saíndo do Comité clínco (Foto: Arxina)
Advirte que na Galiza continuará o feche permimetral por concellos. Recoñece que a variante británica do coronavirus xa é a dominante na Galiza e indica que as melloras na evolución do coronavirus destes días non son "suficientes" para un maior alivio das restricións. "Eu quixera abrir moito máis, pero non podo. Quixera abrir moito máis rápido, pero non podo", laiouse.

Feixoo anuncia que Galiza seguirá en máxima restrición con feches perimetrais por concellos mais anunciou seis aperturas graduais: 

1) A partir desta cuarta feira o comercio recupera o seu horario, cunha capacidade de 50% mais mantense pechados centros comerciais fin de semana

2) No ámbito da formación, as aulas presenciais en ensinos especiais retomaranse o 22 de febreiro agás para canto e instrumentos de vento. As aulas presenciais na universidade retomaranse o 1 de marzo para usar a próxima semana para facer un  cribado aos universitarios.

3) Permítese a reapertura de instalacións deportivas ao aire libre e retómase a competición federada autonómica.

4) Transporte: apertura do interior dos restaurantes nas estacións de servizos para os profrsionais do transporte nas vías de altas prestacións.

5) Retómase actividade en bibliotecas, arquivos, dalas de exposicións, museos, cinema, auditorios, teatros, cunha capacidade de 30%

6) En todas as residencias que completasen o ciclo da vacinas hai 10 días, as visitas poderán ser 3 á semana con 2 familiares de referencia. No caso dos centros de discapacidadce retómanse as saídas. 

No que atinxe á hostalaría, anunciou que o comité volverá xuntanrse a vindeira segunda feira, día 22, e volverá avaliar a pandemia e se a tendencia continúa á baixa  podería valorarse unha desescalada neste sector, sempre en función da evolución das diferentes áreas sanitarias.

Núñez Feixoo defendeu que o paquete de restricións adoptadas a finais de xaneiro están a ser "útiles" para combater a pandemia. Puxo como exemplo a redución na taxa de positividade ou na incidencia acumulada (IA) a 14 días. "A clave foi reducir a interacción social", sinalou.  Mais, dixo, "os dados non anosan aínda unha melloría suficiente". Aquí referiuse aos pacientes ingresados en UCI, onde hoxe hai 224 pacientes mentres que no pico da primeira onda do coronavirus eran 177.

Por iso apelou á "prudencia" e amosou que a maioría das restricións, ou aquelas que afectan máis á poboación, como os fechamentos perimetrais por concellos van seguir activadas. Tamén continúan a estar prohibidas as reunións de non convivintes. "Eu quixera abrir moito máis, pero non podo", resumiu o representante, que afirmou que a súa prioridade agora está en salvar vidas.

De feito, incidiu en que a incidencia "sube moito máis rápido do que baixa", polo que non se poden "botar por terra os esforzos" impostos até o momento.

A este Comité chegabase despois das visións diferentes sobre a "desescalada" entre Núñez Feixoo e o Comité clínico. O conselleiro de Sanidade, García Comesaña, considerou que "non procede" agora falar de desescaladas. Unha opinión que o conselleiro forneceu a pasada cuarta feira, apenas unha hora despois de que Núñez Feixoo falase no Parlamento galego dunha "desescalada media e gradual". "Sería pouco prudente, con 250 pacientes na UCI, falar de desescalada".

O presidente, ademais, afirmou que a cepa británica xa é a dominante na Galiza. Tampouco descarta o crecemento das variantes sudafricana e brasileira, ou outras novas.

Vacinación

Feixoo anunciou que a vindeira semana principiara a vacinación ás persoas de máis de 80 anos. O criterio vai ser mediante sorteo. "Ante notario sacouse ao chou unha letra, H, e a partir de aí, dos apelidos que empecen por esa letra,  principiará a vacinación dese colectivo". Así que apos a H, seguirán os da I.. até Z e ir ao principio abecedario A, B...

En función do número de vacinas terminarase a finais de abril ou antes, dixo. Feixoo volveu aproveitar unha comparecencia para reclamar información no proceso de entrega de vacinas, e quéixase de que "estamos  xestionando a pandemia practicamente en solitario".

Asegura o presidente que o Sergas ten capacidade para vacinar 100.000 persoas diarias mais que non se pode chegar a ese ritmo por mor de que a Galiza non chega ese número de doses, do que responsabiliza o Goberno español.