Comeza a greve indefinida de todas as categorías profesionais nas Urxencias do CHUS

Colapso urxencias. Asociacion de pacientes e usuarios do CHUS

O paro desenvólvese destde esta segunda faiera ás 8:00 horas e abrangue a todas as categorías profesionais: médicas; enfermeiras; TCAEs e celadoras.

 

Comezou a greve indefinida en Urxencias do Hospital clínico universitario de Santiago, o CHUS, un paro que se desenvolverá desde as oito da mañá desta segunda feira até as oito da quinta, nunha dinámica a reproducir nas seguintes semanas.  A greve abrangue a todas as categorías profesionais: medicos; enfermeiros; TCAEs e celadores. O Sergas decretou uns servizos mínimos de 100%. O paro conta co apoio da Asociación de pacientes e usuarios do CHUS.

 

O Comité de greve do servizo de Urxencias do CHUS mantivo  a semana pasada unha xuntanza coa Xerencia. Unha primeira toma de contacto na que a dirección do centro hospitalario presentou unha proposta de incremento de persoal que, segundo a comisión de centro “está moi lonxe das demandas feitas polos traballadores do Servizo e pendente de concreción no plan funcional”.  O comité asegura que a Xerencia do CHUS recoñeceu que o plan funcional implantado até o de agora non é viable, debido a escaseza de persoal.

 

A comisión de centro leva tempo reclamando que se adopten medidas no servizo de Urxencias, “para ofertar á cidadanía unha atención digna e de calidade, acorde coa cidade á que representa e que nestes momentos está moi lonxe de acadar esos parámetros de seguridade, tanto para os profesionais como para os usuarios”.

 

Entre as demandas do persoal, a elaboración do plan funcional negociado coa Comisión de Centro e acordado co equipo multidisciplinar , a dotación de suficiente de persoal en todos os colectivos, a reposición do material deteriorado, obsoleto e/ou descatalogado e dotación de material necesario en cada posto , ou a cobertura do 100% das ausencias dos traballadores.