Colexio de Xornalistas lamenta o despedimento de 10 traballadores de 'El Progreso'

Os profesionais recibiron esta cuarta feira a carta de despedimento e a notificación de que xa se lles ingresara o importe da multa por non telos avisado cos 15 días de antelación obrigados

O grupo editorial ‘El Progreso’ despediu a primeira hora da tarde desta cuarta feira a 10 traballadores, entre elas a tres xornalistas con anos de traballo no xornal Ángeles Maira, redactora, levaba preto de tres décadas vencellada ao diario 'El Progreso'. O fotógrafo Pepe Álvez tiña contrato coa empresa desde 1975 e entrou en nómina en 1980. Segundo o convenio do xornal lucense, o vindeiro ano, ao cumprir 61, podería acollerse á xubilación anticipada. Alberto Teijeiro era redactor da sección de deportes.

O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) lamenta o despedimento destes traballadores da información, tanto no fondo como na forma en que se produciu.