Colectivos anti-touradas piden o amparo da Valedora do Pobo ante as ''ameazas do entramada taurino”

Manifestación contra as touradas en Pontevedra

A Asociación Animalista Libera e a plataforma Galicia, Mellor Sen Touradas denuncian ser vítimas “dunha campaña case continuada de insultos, ameazas e vexacións”.

A Asociación Animalista Libera e a plataforma Galicia, Mellor Sen Touradas veñen de facer unha solicitude de amparo ante Milagros Otero, Valedora do Pobo, ao entender que desde o “entramado taurino” estse a facer un "sinalamento público" de certos activistas recoñecidos pola súas funcións de voceiros das reivindicacións contra as touradas.

Ambos os dous colectivos denuncian unha campaña “case continuada de insultos, ameazas e vexacións a través das redes sociais contra as persoas que acuden a medios de comunicación a cuestionar a pervivencia das touradas, como o caso de Rubén Pérez ou de Leonardo Anselmi, quenes teñen que "bloquear" certos contidos nestes espazos dixitais onde o máis suave que teñen que sufrir é ser cualificados por aficionados taurinos como "...hijos de la grandísima puta".

Suliñan que “algún xornal dixital de fóra de Galicza” tense sumado a estas prácticas de “sinalamento en novas que supostamente alertan do financiamento europeo de entidades en defensa dos animais españolas, e onde se ofrece unha palestra case ilimitada para que xurdan comentarios homófobos e de odio por parte dos grupúsculos protouradas”. No escrito remitido á Valedora os activistas lembran que após as recentes declaracións das Deputacións da Coruña e Pontevedra contra o uso de fondos públicos para soster eventos tauromáquicos ou grupos de apoio deste espectáculo cruento cos animais voltaron as ameazas nas redes sociais.