Colas de horas para poder facer unha PCR

Cola no CHUS de Compostela (Foto: Arxina)

Centos de persoas ficaron finalmente sen poder facer esta proba sen cita e gratuíta en varias áreas sanitarias.

PCR gratuíta e sen cita, un reclamo que provocou unha avalancha de persoas cara aos puntos dispoñíbeis pola Administración realizaba este test. En sitios como o CHUS, en Compostela, houbo colas de horas e numerosas persoas, ademais, ficaron se poden realizar a proba.

Este punto para realizar  a PCR permanecerá aberto os vindeiros días, agás os de Nadal e Aninovo, en horario de 15.30 a 21 horas. O día 24 finalizará ás 19.00 horas.

Sen necesidade de cita. Abonda con chegar e facer cola até que toque a quenda. A fórmula que se deseñou nun principio para a ponte do 6 de decembro o Sergas decidiu estendelas até pasadas as festas do Nadal ante a gran afluencia e a expansión da variante ómicrom.

Santiago ou Pontevedra, entre outras áreas sanitarias, son dous dos sitios onde nestas xornadas estanse a dar importantes colas e esperas para poder facer estas PCR. 

Sen necesidade de cita. Abonda con chegar e facer cola até que toque a quenda

Segundo os último datos actualizados polo Ministerio de Sanidad na tarde desta pasada segunda feira, 20 de decembro, Galiza conta cunha taxa a 14 días de 567,06 casos por 100.000 habitantes, polo que se sitúa a incidencia por baixo da media do Estado, que está en 609,38.

A Comisión de Saúde Pública comunicou esta terza feira que, após un encontro de traballo entre representantes do Ministerio de Sanidade e os diferentes territorios do Estado español, decidiuse que as persoas que sexan contacto dun positivo de coronavirus pero teñan a pauta completa de vacinas non terán que gardar corentena.

Nun primeiro momento considerábase necesario este período de illamento por precaución no caso de ter achegamento a unha doente da variante Ómicrom.