Os clientes de Gadis doan máis de 34.000 euros á Asociación Española Contra o Cancro

Iniciativa de Gadis en apoio a Asociación Española contra o Cancro. (Foto: Gadis)

O recadado recibírao a AECC, aínda que a empresa galega participa en máis campañas. Este ano a colaboración aumentou un 135% en referencia ao ano anterior, fito que a empresa quere destacar e agradecer á súa clientela.

Gadis recadou un total de 34.149 euros durante a campaña solidaria 'A compra da túa vida'. A Asociación Española contra o Cancro (AECC) recibe os cartos dos 222 supermercados que participaron na Galiza e en Castela e León, desde os días 7 e 16 deste mes de febreiro.

Desde Gadis agradeceno respaldo da clientela a esta causa social nunha "colaboración que este ano aumentou un 135% con respecto ao pasado". Os fondos recadados terán como destino sufragar proxectos de investigación "e ao benestar dos pacientes", remarca a compañía nun comunicado.

Con motivo do Día Mundial Contra o Cancro, a AECC organiza anualmente 'A compra da túa vida', iniciativa na que a cadea galega de supermercados participou por cuarta vez en 2025. A mobilización e implicación da empresa e dos voluntarios no seu desenvolvemento favoreceu que a colaboración económica se aproxime ao 80.000 euros nestes catro anos.

Os fondos recadados destínanse a AECC, aínda que a marca galega de supermercados tamén participa noutros proxectos como os de Asotrame (Asociación Galega de Afectados por Transplantes Medulares e Enfermidades Oncohematolóxicas), a Asociación de Axuda a Nenos Oncolóxicos da Galiza (ASANOG) ou a Fundación NARU.