CIG ve nos Orzamentos da Xunta para Educación "unha fonte de conflito"

[Imaxe CIG-Ensino]

A central sindical cre que as contas para 2016 "se afastan cada vez máis de garantir unha educación pública" e denuncian a "potenciación descarada" da privada. 

 

O secretario nacional da CIG-Ensino, Anxo Louzao, compareceu esta terza feira (24 de novembro) para valorar os Orzamentos da Xunta de 2016 destinados a Educación. Neste senso, asegurou que as contas públicas están "cada vez" máis afastadas do ensino público de calidade e denuncian que "contribúen a marcar máis as diferenzas sociais" obrigando "as familias a custear parte da educación das súas crianzas". 

Embora mantérense algunhas partidas en relación aos Orzamentos de 2015 o recorte acumulado nos últimos anos "imposibilita un ensino inclusivo e equitativo" polo que prevén "unha fonte de conflito". 

Aliás, Louzao asegurou en declaracións aos medios de comunicación que "a aposta no ensino privado é un descaro" e "unha evidencia". E é que, mentres o investimento na pública sufriu un recorte do 33% desde 2009, isto é, por volta de "680 millóns de euros", o ensino privado "medrou un 14% máis que o público desde 2001". 

"Estes Orzamentos "imposibilitan un ensino inclusivo e equitativo"

Para o vindeiro exercicio a Xunta mantén os concertos --mesmo con centros que segregan o alumnado por sexo-- aos que destinará 243.532.496 euros. 

Polo miúdo, o secretario nacional da CIG-Ensino analizou por capítulos as distintas partidas ás que se dirixiran os 2.188 millóns de euros previstos en Eudación para 2016, o que supón o 4,69% máis. 

Así as cousas, tamén sinalaron o mantemento da "taxa de reposición" na oferta de emprego pública o que manterá o cadro de persoal en 29.989 persoas. Tamén as partidas de comedor e transporte se conxelan así como os programas de promoción da lingua galega.