CIG e UGT denuncian que CCOO racha a “unidade de acción” da Plataforma en defensa da universidade pública

Concnetración en Compostela contra o proxecto de universidade privada. (Arxina)

CIG e UGT consideran que CCOO racha a “unidade de acción” da Plataforma galega en defensa da sanidade pública. A través dun comunicado, lamentan que apenas 24 horas despois das concentración nos campus galegos contra o proxecto de universidade privada Comisións “colgou na súa web unha nova na que informa que promove o asinamento dun acordo programático en defensa do Sistema Universitario Galego. Na nova tamén se indica que o sindicato se tería dirixido non só ás organizacións con representación no actual Parlamento Galego senón tamén á CIG e a UGT, algo que resulta totalmente incerto”.

Ambos os dous sindicatos falan de “falta de lealdade absoluta” cara a Plataforma neste proceder. “Como, se non, pode cualificarse que unha parte dunha Plataforma se dirixa publicamente a outras organizacións sindicais e políticas desa mesma Plataforma para unilateralmente trasladarlle unha proposta?”

“Descoñecemos se a intención de CCOO é desvincularse da Plataforma ou se se trata dun problema de descoordinación ou de protagonismos dentro da propia dirección do sindicato”, indican no comunicado, no que instan CCOO a “rectificar”.