Rexeitamento á imputación de 4 cidadáns galegos por levar fotos de pres@s independentistas

Cadea humana polos presos independentistas

A central sindical CIG cualifica de ataque á liberdade de expresión e atentado contra o dereito de manifestación a causa contra est@s catro moz@s. Outras organizacións, como a FPG, Causa Galiza, Nós-Up ou MpB tamén amosaron a súa solidariedade para con estas persoas que esta cuarta feira teñen que comparecer na Audiencia Nacional

A CIG manifesta a súa solidariedade e apoio aos catro cidadáns galegos que a cuarta feira do 4 de setembro están chamados a declarar coma imputad@s na Audiencia Nacional baixo a acusación de “enaltecemento de terrorismo”.

A central sindical considera “un ataque á liberdade de expresión e un atentado contra o dereito de manifestación que se pretenda xulgar a catro cidadáns galegos por portar fotos de pres@ independentistas no marco dunha mobilización social”.

Desde a CIG entenden preciso lembrar que “estas persoas foron requiridas pola Policía española para se identificar polo simple feito de levar imaxes de presos independentistas galegos (contra os que non existe sentenza condenatoria), sen que en ningún momento provocasen altercado ou suceso algún durante o desenvolvemento da manifestación contra a megaminería que tivo lugar en Compostela o pasado 2 de xuño”.

“Prácticas antidemocráticas”

Este tipo de prácticas antidemocráticas afondan na persecución ideolóxica que o Goberno español, denuncia a CIG, fai contra o independentismo.

Mais non só a CIG se posiciona contra estas imputacións. Desde a FPG, Movemento pola Base, Nós-Unidade Popular ou Causa Galiza taén nestas semanas se mostrou o seu rexeitamento á causa aberta contra estes catro cidadáns galegos.