CIG reclama a xestión pública das cociñas das Galiñas Azuis e CCOO esixe unha investigación

Denuncia a “mala calidade da alimentación e intoxicacións continuadas que se están a dar nas escolas infantís do Consorcio galego”. CCOO esixe unha investigación «áxil e resolutiva» para esclarecer as causas das intoxicacións 

 

CIG-Administración Autonómica denuncia “a mala calidade da alimentación e intoxicacións continuadas que se están a dar nas escolas infantís do Consorcio galego de servizos de igualdade e benestar da Xunta”. Coa nova intoxicación que se produce na Galiña azul de Carral, afirma o sindicato, volve a evidenciarse o risco que sofren os nosos pequenos polos “servizos de catering” en vez de cociñas própias.

“As cociñas con persoal propio teñen un sistema de control sanitario da Xunta, ao eliminarse a xestión publica e venderse o servizo cara empresas de catering xa non esta no programa de control sanitario e do Regasa (base de datos do rexistro sanitario galego). Elimínase  desta forma a presión inspectora a estas grandes empresas que operan nas cociñas dos centros públicos e  distribúen a comida ó longo do país buscando o máximo beneficio e xogando coa saúde dos usuarios e usuarias”.

Por outra banda, o sector da Administración autonómica de CCOO  esixe unha investigación «áxil e resolutiva» para esclarecer as causas das «reiteradas intoxicacións» nas escolas infantís do Consorcio Galego r. Desde o sindicato consideran que non abonda con rescindir o contrato co actual provedor. O sindicato considera positivo que se volva ao sistema de compra descentralizada, no que os produtos se mercan nos comercios próximos ás escolas infantís. Deste xeito, foméntase o comercio de proximidade e créase riqueza local. Con todo, «esta decisión non resolve por si soa o problema de fondo», apuntan desde CCOO.