CIG gaña as elección sindicais no Sergas

Logrou 66 delegadas e delegados, 9 máis que os logrados en 2015. A segunda forza, CCOO, obtivo 39 e a terceira, CSIF, 37. Nestas eleccións sindicais podían votar 38.000 traballadoras e traballadores da sanidade pública galega.

Sanidade e ensino público son os sectores na Galiza onde máis traballadores e traballadoras poden votar. En ambos os dous, o sindicalismo nacionalistaé a forza máis votada. Nos comicios sindicais do Sergas, que se realizaron esta quinta feira, día 23, e nas que podían votar 38.000 traballadores e traballadoras a CIG volveu ser, como en 2015, o sindicato con máis apoios. Obtén 66 delegados e delegadas, 9 máis que en 2015.

 

Como segunda forza ficou CCOO, con 39 representantes; seguido de CSIF con 37. Satse (33 delegados e delegadas), UXT (32), Omega (22), USAE (19), CESM (17) e Progasap (16).

 

Na Mesa Sectorial CIG logra 5 das 15 representantes, por 3 de CCOO, 3 CSIF, 2 Satse e 2 UXT.

 

Das 11 zonas sanitarias, a CIG foi primeira en delegados e delegadas en 6 delas (A Coruña, Burela, Monforte, O Barco de Valdeorras, Ourense, O Salnés), en dúas partillou ese posto con CCOO (Ferrol e Compostela), nunha con UXT (Pontevedra). En Vigo foi segunda, con 7 representantes, por detrás de CCOO (8).

 

A secretaria nacional de CIG-Saúde, María Xosé Abuín, valora moi positivamente os resultados que considera consecuencia do traballo desenvolvido durante estes anos; "da defensa inquebrantábel da sanidade pública; do combate constante contra as políticas do Partido Popular, que recortou os orzamentos provocando un grave deterioro non só das condicións laborais, senón tamén do propio servizo e impuxo unhas taxas de reposición que derivaron nunha grave falta de persoal".