CIG fala de “improvisación” e mala xestión” no inicio das oposicións docentes

Probas nun pavillón polideportivo dun centro de Ourense e noutro de Compostela con elevadísimas temperaturas nun día do que xa se coñecía con antelación a previsión meteorolóxica, dificultade de aspirantes que tiveron que facer exames en cadeiras con palas no lugar de mesas, colocación de mesas en corredores, erros lingüísticos en determinadas probas prácticas, problemas mal formulados… CIG-Ensino enumera algunhas das queixas recibidas por parte de persas que o sábado 23 de xuño tomaron parte nas oposicións para o ingreso nos diferentes corpos docentes marcaron.

 

A xestión dos espazos, “que en última instancia corresponde aos tribunais”, debería ser responsabilidade nunha primeira fase da Consellaría, afirma CIG, “cando menos na fixación de criterios homoxéneos para todos os tribunais”. A entral indica que hai espazos suficientes, tanto dependentes da Consellaría como doutras administracións para o desenvolvemento da primeira proba na que todo o persoal aspirante coincide simultaneamente.

 

Daremos traslado á Consellaría destas e outras queixas que a nosa afiliación e opositoras nos están facendo chegar”.